Encontros por toda Galicia para lembrar a Lois Pereiro

La Voz

OURENSE

ROI FERNANDEZ

Ourense, Allariz e Celanova celebran actos en memoria do desaparecido escritor

05 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 12.30 horas • Ourense, Allariz e Celanova • Por toda Galicia están previstas convocatorias da iniciativa «25 anos con Lois Pereiro». O proxecto está promovido dende o seu Monforte natal e cidades e vilas galegas forman parte deste «acto expansivo» con propostas culturais para reivindicar ao escritor cando se cumpren 25 anos do seu pasamento.

Na provincia serán tres as referencias desta xornada: Ourense, Allariz e Celanova. Na cidade haberá, na Casa da Cultura da rúa Concello, un recital a cargo de Arancha Nogueira, Antía Balvís, Ana Fraile Somoza e Raúl Gómez Pato. En Allariz a cita será no xardín da Fundación Vicente Risco e teñen confirmada a súa presenza María Canal, Aroa Bosch, Yvonne Alonso, Fátima Domínguez Silva, Noe González Alamino, Mila Da Aira e Carlos Da Aira. Na Casa dos Poetas de Celanova recitarán textos de Lois Pereiro os veciños da vila.