Pase do documental «Xela Arias. Poeta nas marxes» no Auditorio do Carballiño

La Voz

OURENSE

Xulio Gil / Xerais

A peza de Beatriz Pereira poderase ver en dúas sesións, ás 19.00 e 20.00 horas

20 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo • 19.00 e 20.00 horas • Auditorio Manuel María (O Carballiño) • O Carballiño acollerá dous pases do documental «Xela Arias. Poeta nas marxes». A peza, de Beatriz Pereira, está a percorrer Galicia da man de Política Linguística e o obxectivo que se busca é o de «facer partícipes da programación institucional das Letras a concellos e entidades da Rede de Dinamización Lingüística e á súa cidadanía para que a festa da lingua galega se estenda máis alá do propio 17 de maio». A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida da escritora, deténdose en todas as arestas que fixeron de Xela Arias unha muller situada nas marxes da literatura, analizando o seu labor como poeta, tradutora e correctora, así como o seu impacto na vida cultural galega. O aforo é reducido e para asistir á proxección hai que inscribirse no correo snl@carballino.gal ou chamar ao teléfono 662 197 665.