O PSOE de Ourense quere un Día das Letras Galegas para Antón Tovar

La Voz OURENSE

OURENSE

Cedida

Os socialistas instarán á Deputación para que solicite á RAG que lle adique a xornada do 2023 ao escritor ourensán

10 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O PSOE de Ourense quere que a Real Academia Galega lle adique o 17 de maio do 2023 ao escritor ourensán Antón Tovar. Os socialistas instarán á Deputación provincial, durante o pleno ordinario de decembro, a que solicite a RAG esta conmemoración. Os deputados socialistas reuníronse nas portas da casa de Tovar, na aldea de Pereira, en Rairiz de Veiga, co fin de darlle difusión a esta proposta que, agardan, se convirta nunha candidatura oficial. «Era un poeta galeguista, intimista e de fonda preocupación social que merece este recoñecemento canto antes», explican nun comunicado. Este 2021 celebrouse o centenario do nacemento do escritor. 

A diputada Elvira Lama apuntou: «A importancia de Tovar como escritor radica en que foi un gran poeta, que algúns estudosos definen como o máis importante da segunda metade do século XX». Os socialistas de Ourense defenden a extensa obra do intelectual.