Ourense mariano honra á virxe María na xeografía debuxada polos principais santuarios marianos nos nosos montes e nos nosos vales (val do Miño, val do Sil, val do Arnoia, val do Támega, val do Limia, val do Salas, o val do Arenteiro e o val do Avia...). As advocacións marianas, que inflaman de amor e devoción os nosos corazóns, fanse presentes nestes días do setembro. Milagres, Portal, Remedios, Peneda, Xurés, Clamadoira, Aparecida, Cristal... Claro que a Virxe da Clamadoira celebra a súa festa no segundo domingo de setembro. O cheo vai a ser histórico. A xente ten ganas de saír, ten ganas de verse, de saudarse e de contar as súas vivencias; ten moitas ganas de festa e de troula. Temos un motivo especial para subir ao monte da Clamadoira: darlle grazas ao señor perante a Virxe María por ter feito o milagre de librarnos da covid 19 coa unión investigadora dos científicos, ca entrega do persoal sanitario, coa colaboración dos medios de comunicación e do transporte, coa resposta dos agricultores e gandeiros; todos a unha na loita. Pero sempre hai peros na vida; nada máis saír dunha xa estamos metidos noutra e non de menor calado: guerra de Ucraína. Eu non sei si os nosos gobernantes pensaron, si é que pensan, nas consecuencias do conflito. Rusia ten os ases na manga e, en tempos de guerra, vainos usar. Toda Europa sometida a estratexia do chantaxe. Consecuentemente, prezos altísimos nos alimentos por aquelo da inflación, e na enerxía. No alto da Clamadoira pedímoslle a nosa Señora que «veña a paz a nosa terra» . Mentres teñamos capacidade de diálogo, sobran as armas. Os lumes volveron a nosa terra galega. Ven á miña memoria o verro de aquel político galego: «Hai que queimar todo». ¿Cal será o motivo de tanta queima? O lume está ben nos lares, pero é un pecado gravísimo queimar montes, vales, leiras e casas .E, por último, as nosas terras e as nosas xentes morren de sede. Os pobos buscan as fontes, esquecidas xa fai tempo, para aproveitalas e guialas aos depósitos de cada comunidade. A Igrexa ten unhas oracións para pedirlle ao Señor que apague a nosa sede e a sede dos nosos campos: ad petendam pluviam.