Carta dos felos de Maceda a Jácome: «Queren utilizarnos para maior gloria do alcalde»

Os Felos Das 12 Parroquias BUZÓN DEL LECTOR

OURENSE

Los felos de Maceda recorrerán los pueblo del municipio
Los felos de Maceda recorrerán los pueblo del municipio Santi M. Amil

16 feb 2023 . Actualizado a las 18:51 h.

Os felos, cigarróns, pantallas, peliqueiros, boteiros, etcétera, figuras dos entroidos ourensáns son tentados estes días por alcaldía de Ourense a participar o día 17 de febreiro venres de entroido, repito venres de entroido, nun acto folclórico, sí folclórico chamado desfile, un desfile de caretos, que o único que fai é dano, moito dano. Non dubidamos que a intención do concello de Ourense non é esta, pero o motivo que nos venden para convencer e garantir a participación é a súa promoción, promoción que ninguén lles pediu nin precisamos e que provoca o efecto contrario. A utilización que se fai de mestura de persoaxes desfilando carece de encanto, está descontextualizada e adultera totalmente a súa razón de ser destas figuras do entroido rural. Se queren verdadeiramente os políticos, neste caso o alcalde de Ourense, promocionar e dar a coñecer a riqueza dos entroidos da provincia que faga un chamamento a que se visite, Maceda, Laza, Verín, Xinzo, Viana, etcétera, para que se vexa a realidade destes entroidos. Pero o fin non é ese, se non utilizalos para maior gloria do alcalde, e Ourense pode ofrecer outras cousas, ten un carnaval urbano moi potente con identidade propia que non precisa comprar elementos alleos para a súa consolidación como unha das cidades de referenza nestas datas. Os entroidos teñen o seu tempo, o se lugar e a súa alma, alma que non se pode comprar nin secuestrar, porque eses persoaxes fora de contexto non din nin transmiten nada que teña que ver co entroido. Se queredes ver O felo, achegaivos ó concello de Maceda.