De recoller a medalla de Galicia a tocar en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Carlos Núñez, tocando entre o público.
Carlos Núñez, tocando entre o público. Miguel Villar

Carlos Núñez actou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil

26 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos Núñez continúa xirando coa súa proposta musical «Lugares máxicos». Un día despois de recoller a Medalla de Galicia segue co seu percorrido achegando a súa música a algúns dos espazos emblemáticos e característicos do patrimonio galego. Para festexar o Día de Galicia, Carlos Núñez aterrou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín.