Allariz acollerá unha xornada do Consello da Cultura sobre teatro galego

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Imaxe da estrea de «O porco de pé» no Teatro Principal de Ourense
Imaxe da estrea de «O porco de pé» no Teatro Principal de Ourense MIGUEL VILLAR

O encontro «De ?O Bufón d?El Rei? a ?O porco de pé?. O teatro galego en perspectiva» desenvolverase na Fundación Risco

28 sep 2023 . Actualizado a las 19:20 h.

A Fundación Risco acollerá o 30 de setembro unha xornada do Consello da Cultura Galega sobre teatro. A iniciativa está organizada polas dúas institucións e coordinada por Nate Borrajo e Xosé Rodríguez Díaz. A actividade, titulada «De ‘O Bufón d’El Rei’ a ‘O porco de pé’. O teatro galego en perspectiva», ten como obxectivo abordar a realidade do sector dende o punto de vista da escena e analizar dende o esforzo da xente do Grupo Nós por crear un teatro galego en galego (Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas...), necesario para normalizar a cultura do país, ata as vizosas fontes de creación actual e a proxección cara ao futuro. Como referencias cítanse a publicación hai case que cen anos de O bufón d’El Rei (1928) e a estrea da montaxe de O porco de pé —no 2022— a cargo de Producións Teatrais Excéntricas. Entre os ponentes da xornada, que se desenvolverá das dez e media ás sete da tarde, figuran Nate Pazos, Olivia Rodríguez, Pepe Sendón, Paula Carballeira, Antonio Blanco, Xesús Ron, Fernando Dacosta, Ángeles Álvarez Rodríguez e Cándido Pazo. Abrirán a actividade as representantes do Consello, Concello de Allariz e Fundación, Rosario Álvarez, Cristina Cid e Celia Pereira.