Estas son as trinta recreacións da Virxe do Cristal, que custodiaba o párroco de Vilanova dos Infantes asasinado no 2015

La Voz OURENSE

OURENSE

Unha mostra colectiva sobre a imaxe relixiosa, desparecida en 2015, está instalada na torre do burgo medieval

15 sep 2023 . Actualizado a las 23:24 h.

É un crime sen resolver. En marzo do 2015 o sacerdote Adolfo Enríquez foi asasinado na casa rectoral de Vilanova dos Infantes, no concello ourensán de Celanova. A súa morte segue impune. Aquela madrugada o relixioso perdeu a vida. Arrancou entonces unha operación Devotio, sen éxito. Aínda que se barallou que alguén entrara a roubar, só se lle perdeu a pista a pequeña imaxe da Virxe do Crislta, sen valor económico, pero con profundo valor sentimental en Vilanova. É probable que o sacerdote vira con bos ollos as recreacións artística que poñen en valor esta imaxe. O pasado mes de xuño Xosé Manuel del Caño lanzou o reto de crear unha mostra colectiva sobre a Virxe do Cristal para reivindicala e lembrala. A resposta foi numerosa e a implicación dos artistas total. Este xoves inaugurábase na torre de Vilanova dos Infantes a mostra coas pezas aportadas polos creadores. Son trinta obras, ás que se suman dous selos e unha tarxeta da Sociedade Filatélica Miño sobre a Virxe do Cristal e o crego asasinado.

Aportaron obras Francisco Leiro, Buciños, Acisclo Manzano, Urbano Lugrís (neste caso unha copia de Abanca), Manuel Vidal, Ramón Conde, Xulia Ares, Soledad Penalta, Carmen Senande, Baldomero Moreiras, Baldo Ramos, María Manuela, Moncho Borrajo, Luz Darriba, Carmucha Vázquez Prats, Martínez Coello, Xurxo Oro Claro, Tareixa Taboada, Manuel Catoira, Joaquín Balsa, Leandro Sánchez, Lucila Vázquez Gulías, Felipe Senén López Gómez, Emma Pedreira, Ánxel Huete, Antón Pulido, Xosé Cid, Rochi Nóvoa, Maribel Longueira, Manuel Dopazo, Angy FS, e Alfonso Pexegueiro. «Esta é unha exposición caida do ceo, como a imaxe do século XVII da lenda que cantou Curros. É unha mostra caida de ceo, grazas á xenerosidade de máis de trinta artistas, que fixeron cada un a súa Virxe do Cristal, en distintos estilos, formas e materiais», sinalou Xosé Del Caño na presentación da exposición de Celanova.