Iván Vilarmea, Manuel Iglesias Vila, Miguel Casaseca, Juan Ares e Víctor López foron os gañadores desta edición
06 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.A Academia Galega do Audiovisual vén de dar a coñecer os gañadores da edición número sete dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Os galardóns, que naceron no 2017 para impulsar a produción destes xéneros en lingua galega, están dotados con 1.200 euros cada un. Os premiados de esta edición foron os traballos de Iván Vilarmea, Manuel Iglesias Vila, Miguel Casaseca, Juan Ares e un accésit para Víctor López.
O mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego foi O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego de Iván Villarmea. O galardón ao mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional foi para Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución de Manuel Iglesias Vila. Esta categoría tivo un accésit para Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo de Víctor López. O xurado recoñeceu como mellor videoensaio ao traballo Os espazos do cinema de Miguel Casaseca. E a peza Almodóvar roda sobre rodas, de Juan Ares, recibiu o premio ao mellor videoensaio sobre audiovisual internacional.
Os galardóns entregáronse no marco do OUFF. No centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense os premiados recolleron os seus trofeos e agradeceron o recoñecemento aos seus traballos, que serán publicados na revista de crítica cinematográfica A Cuarta Parede.