Quico Cadaval e Maricastaña pecharán a Miteu deste ano

La Voz

OURENSE

Quico Cadaval
Quico Cadaval Moncho Fuentes | EFE

O actor e dramaturgo participará cun monólogo sobre os seus trinta anos de carreira 

07 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Días 8 e 9 • 20.30 e 20.00 horas • Liceo e Principal • 5 e 3 euros • A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, Miteu, está na súa recta final e a edición 2024 despedirase esta semana con dúas propostas: unha sesión de monólogo e a representación do grupo Maricastaña —xunto coa gala de clausura do certame—.

 

Para o mércores a Miteu contará cunha das referencias inexcusables da escena teatral galega das últimas décadas. O actor e dramaturgo Quico Cadaval estará no Liceo co seu espectáculo «30 anos a contar estórias. Notas de rodapé». Xa van alá tres décadas dende que Cadaval se subiu a un palco teatral para facer o mesmo que adoitaba na casa logo de xantar: contar historias que ían mudando en cada nova sesión. Nunha montaxe de noventa minutos de duración tentará «evocar esa carreira, descobrir o sentido dos contos e respostar ás preguntas do público sobre ese itinerario vital e artístico».

O día 9 a aula de teatro Maricastaña, do Campus de Ourense, representará «Desequilibrios», de Fernando Dacosta, e celebrarase a gala de clausura. O premio da Miteu deste ano será para o Cineclub Padre Feijoo.