A Universidade de Vigo organiza a cita en setembro
25 jul 2024 . Actualizado a las 12:00 h.O Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural volve a Ourense dez anos despois da súa primeira edición, en Celanova, para debater de novo sobre o futuro do rural, o seu sentimento colectivo e patrimonio. Esta vez a sede serán os concellos de Muíños, Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar.
Está organizado polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo a través dos investigadores Beatriz Comendador e Óscar Penín, tamén co apoio da Bela Auria, da Rede Aldear e de La Underground Colectiva. Presentaranse máis de 60 comunicacións procedentes de países como México, Colombia, Chile, Arxentina, Grecia, Alemaña, Portugal e España realizadas por case que un centenar de investigadores en ámbitos como a arqueoloxía, a educación, a antropoloxía. Tamén se porá o foco nos saberes herdados da persoas maiores, cunha xornada exclusiva.