O tradutor carballiñés Gabriel Álvarez gaña o Premio Xela Arias

La Voz

OURENSE

Gabriel Álvarez (dereita) recibiu hai un tempo a distinción do ministro de Asuntos Exteriores do Xapón pola súa contribución á difusión da cultura xaponesa.
Gabriel Álvarez (dereita) recibiu hai un tempo a distinción do ministro de Asuntos Exteriores do Xapón pola súa contribución á difusión da cultura xaponesa. cedida

A asociación galega de tradutores e intérpretes concedeulle o galardón, xunto co Takekazu Asaka, pola súa contribución a contruir unha ponte entre as culturas galega e xaponesa no ámbito literario

05 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O tradutor Gabriel Álvarez Martínez (O Carballiño, 1985), vén de acadar o sétimo Premio Xela Arias, concedido pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) por «construíren mediante o seu dedicado traballo unha sólida ponte entre as culturas galega e xaponesa, especialmente no ámbito literario». Formado en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo, Gabriel Álvarez especializouse en literatura xaponesa. Ten feito unha ducia de traducións ao galego. Fixo a tese de doutoramento sobre o tratamento dos ideófonos na tradución do manga. Nesa universidade exerce como profesor externo do título de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo. Xunto a el foi galardoado o tradutor Takekazu Asaka (Tokyo, 1952), considerado embaixador da cultura galega no Xapón.