O Premio Balbino de Relato volve de novo a Ourense

La Voz

OURENSE

Asistentes á entrega do Premio Balbino de relatos
Asistentes á entrega do Premio Balbino de relatos Santi M. Amil

No Marcos Valcárcel presentouse «O meigallo dos soños», de Juanjo Lamelas

21 nov 2024 . Actualizado a las 19:27 h.

Balbino é o protagonista do libro máis lido da historia da literatura galega: «Memorias dun neno labrego». E a Fundación Neira Vilas, o autor da obra, creou hai anos o Premio Balbino de Relatos, que recoñece orixinais de temática galega, co rural, o mar ou a emigración como protagonistas. A convocatoria xa celebrou a súa novena edición e semella que os autores ourensáns teñen unha relación especial coa mesma: en cinco ocasións o premio recaeu nun escritor da provincia. 

Meigallo de Juanjo Lamelas

O profesor ourensán Juanjo Lamelas levou o galardón por «O meigallo dos soños». Na presentación do libro estivo acompañado por Fernando Redondo, presidente da Fundación Neira Vilas, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outros.