Monoulious DOP chega co seu «Chándal Metal Tour»

La Voz

OURENSE

 Monoulious DOP
Monoulious DOP Cedida

A banda ofrece un concerto este sábado no café cultural Auriense

21 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 22 • 21.00 horas • Café cultural Auriense • O proxecto Monoulious DOP naceu como unha proposta musical única e exclusiva para internet. Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, comezaron a subir videoclips que eles mesmos producían e axiña comezaron a contar co apoio do público nas redes sociais. Esta circunstancia foi a que os levou a montar unha banda en clave de rock formada por Beny á batería, Torroncho ao baixo, Carba e Pla ás guitarras e os propios Ula e Mon. No 2017, logo dunha xira de concertos por toda Galicia, apareceu o seu primeiro disco: «LP Padre».

Agora chegan a Ourense coa súa nova xira de actuacións, que leva por título «Chándal Metal Tours» e que conta cun formato que aposta por salas máis íntimas de Galicia, con aforo reducido, para conectar de forma máis directa co público.