O Padroado do Museo da Limia insta a que o Día das Letras do 2026 sexa para Antón Tovar
OURENSE

O prazo de presentación das obras do certame literario do autor limiao remata o 25 de abril
22 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Padroado do Museo da Limia insta de novo á Real Academia Galega a que lle dedique o Día das Letras Galegas do ano 2026 a Antón Tovar. Considera que o poeta limiao é merecente dun xusto recoñecemento institucional pola calidade artística da súa creación e anima aos concellos e asociacións da comarca a que se adhiran á esta solicitude. De forma paralela, o padroado ratificou a composición da segunda edición do certame literario do autor. «A obra poética e narrativa de Antón Tovar, feita de autenticidade e alta calidade literaria, mantén plena vixencia nos nosos días. A convocatoria deste certame literario Antón Tovar por parte do Museo da Limia quere ser unha nova chamada á sociedade galega para que valore o extraordinario legado creativo do autor ourensán», sinalan os membros do padroado.
O prazo de presentación das obras remata o 25 de abril, o fallo darase a coñecer no mes de maio e a entrega do premio terá lugar nun acto público que se celebrará no Museo da Limia o 14 de xuño.