Galicia e Portugal unen a cultura compartida en Xinzo

LA VOZ OURENSE

OURENSE

Concello de Xinzo
Concello de Xinzo Agos Iglesias

O segundo Encontro Galaico-Portugés da Palabra ofrece música, artesanía e mesas de diálogo

25 abr 2025 . Actualizado a las 19:31 h.

O Concello de Xinzo de Limia celebra este sábado 26 de abril o segundo Encontro Galaico-Portugués da Palabra, unha cita que busca enxalzar a riqueza cultural e lingüística compartida entre Galicia e Portugal a través dunha programación variada e participativa.

O evento desenvolverase na Biblioteca Pública Antelana e incluirá mesas de diálogo sobre medios de comunicación e ensino do portugués, haberá concertos de Terra Morena e Cana Verde, e a xornada rematará cunha mostra de cestería e obradoiro a cargo de Manuel Gonzaga, de Oporto. Especialistas, artistas e artesáns de ambos lados da raia daranse cita en Xinzo, que se converterá nun espazo de reflexión, intercambio e encontro.

A iniciativa está organizada pola asociación cultural O Sobradelo do Tangaraño, en colaboración co Concello de Xinzo de Limia, no marco das súas accións para a dinamización cultural e a promoción da lingua. O encontro está aberto a todos os públicos e a participación é totalmente gratuíta.