A Festa dos Maios enche O Barco de flores e artesáns

La Voz O BARCO

OURENSE

Os maios do Barco o ano pasado.
Os maios do Barco o ano pasado. Cedida

A cita na praza do Príncipe moverase ao pavillón vello se chove

01 may 2025 . Actualizado a las 16:21 h.

Hoxe • Praza do Príncipe (se chove será no pavillón vello) • O Barco celebra a Festa dos Maios como cada día 1 do mes das flores. Hai oito maios apuntados ao concurso nas modalidades de enxebre e artístico e poderán verse na praza desde as once e media da mañá e durante todo o día. A esa hora abrirán os postos dos 27 artesáns inscritos na feira que se celebra arredor das creacións florais. A oferta vai desde creacións de coiro, madeira ou la, xoias, a diferentes produtos alimentarios. Ás doce haberá música e baile tradición coa agrupación Abertal da Rúa e unha hora despois será o canto das coplas. Hai catro apuntadas ao concurso. Xa pola tarde, ás seis Ghazafelhos presentará o espectáculo «Historias para escagharriñarse», dirixido a público familiar. A xornada chegará á súa fin ás sete coa entrega de premios.