A Deputación de Ourense convoca o Premio de Novela Eduardo Blanco Amor, dotado con 15.000 euros

La Voz OURENSE

OURENSE

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense. BRAIS DE ABEL MARTÍNEZ

A Xunta de Goberno da institución aprobou 353.000 euros en subvencións para diversos proxectos

13 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Premio de Novela Eduardo Blanco-Amor chegará este ano á súa edición número 44. Así o decidiu a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, que na súa reunión deste luns aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do galardón.

Está dotado con 15.000 euros e leva implícita a publicación da obra gañadora por parte dunha editorial escollida polo autor. «O Premio Eduardo Blanco-Amor é o galardón máis veterano e de maior prestixio da novela en lingua galega», di un comunicado difundido pola institución ourensá.

Nesa mesma reunión, a Xunta de Gobierno da Deputación deu luz verde a 353.000 euros en subvencións para diversos proxectos, a maior parte deles impulsados polos concellos da provincia. Tamén quedou resolto o concurso de axudas para asociacións veciñais, que repartiu 43.000 euros.