Os gremios, a esencia cultural da Festa do Boi de Allariz

Uxía Carrera Fernández
U. CARRERA OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

Bajada de bandera en la Festa do Boi de Allariz.
Bajada de bandera en la Festa do Boi de Allariz. ALEJANDRO CAMBA

As agrupacións protagonizaron este venres a procesión de bandeiras, abrindo o último fin de semana da celebración

01 jun 2024 . Actualizado a las 10:49 h.

Se algo ten a Festa do Boi é historia e os encargados de remontar a celebración á época medieval son os gremios. Os diferentes grupos de amigos sosteñen a parte máis cultural da cita coa procesión de Xan de Arzúa como a súa gran mostra e este venres coa procesión de bandeiras. Así, as carreiras do boi se compaxinan ca programación cultural.

Los mayores también disfrutaron de la salida del boi
Los mayores también disfrutaron de la salida del boi Santi M. Amil

Cada ano, un gremio diferente é o encargado de baixar a bandeira galega dende o Castelo. Esta vez foron os foleiros os que encabezaron a procesión ata o balcón da Praza Maior, onde acomodaron o Xan de Arzúa e colgaron a bandeira. Bernardo Gallego é un dos membros desde grupo dende hai uns 20 anos e baixaron a bandeira por primeira vez. Este alaricano de 46 anos lembra que a tradición dos gremios é algo recente en comparación ca historia da festa e asegura que cada vez son máis os veciños que se animan a ter o seu propio grupo ou pertencer a un: «Incluso a xente que se asenta na vila quere unirse». De feito, as novas xeracións, conta Bernando, xa ven os gremios como unha tradición que existe dende sempre aínda que se remonte a uns 20 anos atrás.

A procesión das bandeiras faise dende hai uns dez anos. «Foise aumentando o peso dos gremios na festa», conta. O foleiro defende que estas agrupacións son unha parte moi importante da festa e cara onde ter que ir nun futuro, a por unha faceta máis cultural. Aínda que é consciente de que é a parte máis descoñecida da festa para os visitantes de fóra de Allariz, cre que cada vez se vai facendo máis sitio aos actos que recrean a época medieval na que naceu. Unha vez rematou a procesión, a verbena fíxose de novo cas rúas de Allariz, que vive hoxe e mañá o último fin de semana da festa.