Degustando o mellor porco ao espeto en Amoeiro

La Voz OURENSE / LA VOZ

AMOEIRO

En Amoeiro gozaron dun menú para sibaritas
En Amoeiro gozaron dun menú para sibaritas MIGUEL VILLAR

A cita gastronómica congregou a veciños e visitantes no campo do Souto

18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A cita gastronómica desta xornada festiva foi en Amoeiro. Alí os veciños e visitantes reuníronse no campo do Souto para dar boa conta dunha comida a base de empanada, porco ao espeto, pan, bica e café, que puideron degustar a 19 euros (bebidas, aparte). Para dixerir o menú, pola tarde houbo música e cantos.Esta é só a segunda edición desta cita co bo xantar, pero a tenor do entusiasmo que amosaron os participantes, parece que se consolidará no ampolo calendario de festas gastronómicas do que goza a provincia de Ourense