O Museo da Gaita de Fole de Barbadás saca os seus instrumentos polos colexios

LA VOZ OURENSE

BARBADÁS

Visita ao CEIP As Mercedes
Visita ao CEIP As Mercedes cedida

O músico Pablo Martínez visitou o centro Filomena Dato e As Mercedes polo Día das Letras Galegas

16 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Museo da Gaita de Fole de Barbadás sumouse este mes á celebración do Día das Letras Galegas cunha actividade educativa que percorre centros escolares da provincia. Esta semana, o músico e artesán Pablo Martínez visitou o CEIP Filomena Dato e o CEIP As Mercedes, co obxectivo de dar a coñecer a riqueza do patrimonio musical galego entre o alumnado.

A iniciativa, enmarcada nos actos dedicados este ano ás cantareiras, inclúe unha proposta didáctica na que os máis pequenos poden descubrir e experimentar cos instrumentos tradicionais: desde a gaita, símbolo da nosa música, ata utensilios cotiás que foron empregados como instrumentos de percusión popular, como o bote de pementón, a tixola, as cunchas, a táboa de lavar ou a botella de anís.

O alumnado participou activamente nas sesións, tocando os instrumentos, aprendendo ritmos e cantando pezas tradicionais nun ambiente lúdico e inclusivo. A proposta foi especialmente valorada polo seu carácter interxeracional e por poñer en valor o papel da muller como transmisora da tradición oral e musical galega.