Barbadás pecha a celebración das Letras Galegas cunha gran foliada e con porco ao espeto
OURENSE
BARBADÁS

A actividade contou con música durante toda a xornada do sábado
25 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Día das Letras Galegas celebrouse o pasado sábado, pero houbo actos de conmemoración durante as xornadas previas e posteriores. O Concello de Barbadás pechou a súa programación coa cuarta edición da Foliada Moureán. No Parque dos Carrís houbo actividade durante todo o día, comezando cun desfile pola avenida de Celanova da banda de música de Barbadás e da escola Nova Fronteira. Logo houbo sesión vermú, unha comida a base de porco ao espeto e, xa pola tarde, xogos populares, un obradoiro de danzas do mundo e as actuacións de varias agrupacións tradicionais, como as Pandeireteiras de Seixalbo ou Cantares da Cunha. A festa terminou á noitiña cun concerto do grupo Fiandola e unha foliada aberta.