Vides cultivadas ao xeito tradicional

lA vOZ OURENSE

BEADE

Arco da Vella A Adega de Eladio está en Beade.
Arco da Vella A Adega de Eladio está en Beade. CEDIDA

Ademais de viño, Arco da Vella elabora augardente, chamado A carón do lume

30 abr 2023 . Actualizado a las 17:14 h.

Arco da Vella A Adega de Eladio é un proxecto que nace na procura de recuperar un proxecto familiar. Buscábase respectar os volumes existentes, usando na súa rehabilitación os materiais clásicos da arquitectura galega: pedra e madeira. Con eses vimbios levantouse unha adega dotada tecnolóxicamente coa ferramenta actual.

Situada en Beade, as vides están nas ladeiras do río Avia. Arco da Vella colleita as uvas dos viñedos propios, herdados de pais a fillos desde tempos inmemoriais. Empregan técnicas da viticultura tradicional, libre de herbicidas e pesticidas, nun proceso cun único fin; o equilibrio ecolóxico do medio natural e ofrecer ao consumidor aromas, cores e padais diferentes.

Na adega traballan cos variedades autóctonas, tintas (con caíño longo, brancellao, sousón e ferrón) e brancas (treixadura, godello, albariño, loureira e torrontés). Con elas elaboran Torques do Castro e Tarabelo.

Torque do Castro é un viño branco. «Amarelo palla con irisacións verdosas, cun intenso aroma floral con recordos cítricos, a mazá e a cirola. Un viño maduro e pleno, de bo paso, untuoso, longo e redondo, fresco», di a súa folla de cata. Tarabelo é un tinto «vermello picota con ribetes purpúreos, franco aroma, frambuesa, mora, regaliz. De moi boa intensidade, aterciopelado, e boa estrutura e paso. Agradable, redondo e longo», recolle a súa descrición.

En Arco da Vella elaboran augardente. A carón do lume envellece dez anos en barrica de carballo galego o que lle confire aromas delicados e varietais asociados ás uvas de referencia: caíño, sousón, brancellao, treixadura, godello, torrontés e albariño, unha color lixeiramente tostada e unha suavidade na boca propia do paso por madeira, conseguindo desta maneira unha singular personalidade. Conecta coas antigas tradicións das adegas familiar na elaboración de produtos diferentes.

o ribeiro

feira do viño