Boborás convoca os premios Losada Diéguez

La Voz

BOBORÁS

Entrega dos premios Losada Diéguez do ano 2022
Entrega dos premios Losada Diéguez do ano 2022 cedida

O prazo de entrega das obras a concurso rematará o 31 de xaneiro

27 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 31 de xaneiro • Concello de Boborás • O Concello de Boborás vén de convocar unha nova edición dos premios Antón Losada Diéguez, unha das citas máis emblemáticas do panorama galego que este ano celebrará a súa trixésimo novena edición. Os galardóns están promovidos polos concellos de Boborás e O Carballiño —cada ano convoca un deles— e contan co apoio da Deputación. A convocatoria está dotada con 12.000 euros, que se reparten a partes iguais entre os apartados de Creación literaria e Investigación e ensaio. As obras a concurso, escritas en galego, teñen que estar editadas no ano natutal: neste caso entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2023. As bases contemplan que non se poden presentar traducións, reimpresións, textos de uso escolar, recompilacións de artigos, edicións por fascículos ou tiradas de luxo ou restrinxidas. Tampouco obras xa premiadas noutros certames. O prezo de presentación remata o 31 de xaneiro.

Os representantes das nove institucións que forman parte do xurado serán os encargados de escoller o títulos gañadores. Os premios Antón Losada Diéguez entregaranse o día 15 de xuño no pazo onde naceu o filósofo galeguista, en Moldes —no municipio de Boborás—.