Isabel Blanco, galardoada co premio Celanova, Casa dos Poetas

La Voz OURENSE

CELANOVA

ANA GARCIA

A Fundación Curros Enríquez tivo en conta o compromiso da actriz con Galicia á hora de concederlle a distinción

16 mar 2019 . Actualizado a las 19:55 h.

A Fundación Curros Enríquez, presidida por José Luis Ferro Iglesias, concédeulle o seu premio Celanova, Casa dos Poetas á actriz Isabel Blanco. Tal e coma explican dende o xurado, elixiron a Blanco polo seu compromiso vital con Galicia a través da súa traxectoria profesional no ámbito do cine e a televisión non só en Galicia senón no resto do Estado. 

Dende a súa emerxencia inicial como presentadora na Televisión Galega a mediados dos anos 90, e a súa eclosión na arte da interpretación televisiva na recordada serie Mareas Vivas, acompañando ó tamén Premio Celanova Casa dos Poetas, Luis Tosar, Isabel Blanco traballou en múltiples proxectos televisivos que a fan idónea para este premio.

O Padroado da Fundación Curros Enríquez, ademáis de realizar a votación de cara a otorgalo premio, reuniuse coa presenza de representantes do Concello de Celanova, entre outros, co fin de aprobar as contas e actividades do 2018 e planificar as actuacións para o 2019. Con esta reunión tamén se renova o compromiso de colaboración na organización de actividades conxuntas a nivel expositivo ou da promoción dos autores de Celanova.