
A de Barbadás e a Infantil e Xuvenil de Celanova participarán nun encontro que se celebrará no Auditorio Ilduara
08 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Día 10 • 18.00 horas • Auditorio Municipal Ilduara • Celanova • Na vila de Celanova teñen organizada para este sábado unha nova Xuntanza de Bandas de Música. Desta volta estarán no Auditorio Ilduara a Banda de Música de Barbadás e a Banda de Música Infantil Xuvenil de Celanova. As escolas de música da vila e de Barbadás colaboran na actividade.
A formación de Celanova desenvolve un amplo programa de actividades ao longo do ano, entre outras promoveu fai uns meses un encontro de bandas de música no Auditorio de Ourense para recaudar fondos destinados a axudar aos damnificados pola Dana de Valencia.