A romería de Vilanova dos Infantes citou a milleiros de persoas
17 may 2026 . Actualizado a las 23:45 h.O burgo medieval de Vilanova dos Infantes, en Celanova, volve erguerse con orgullo como a auténtica capital da cultura popular e das Letras Galegas. A romaría etnográfica Raigame converteu de novo as rúas da vila nunha viaxe no tempo cara á Galicia de 1900, demostrando que a identidade e a lingua propias están máis vivas que nunca.
Milleiros de persoas acudiron desde toda Galicia para gozar dunha oportunidade única para desfrutar dos grupos de música e baile tradicional ourensáns e tamén de ver traballar en directo aos artesáns, incluso descubrindo oficios que están a piques de esmorecer. Canteiros, oleiros, fiandeiras, ferreiros e zoqueiros encheron de vida as rúas xunto a máis de vinte grupos folclóricos, gaiteiros e bailaríns que puxeron a banda sonora a esta Festa de Interese Turístico de Galicia. A edición deste ano buscou ser un homenaxe ao xornalismo histórico, así que a romaría estivo dedicada a O Tío Marcos d’a Portela, unha publicación que marcou un fito na defensa do galego fai 150 anos. Ademais, rendeuse tributo a Valentín Lamas Carvajal, o seu creador, no 120 aniversario do seu pasamento.