O viñetista Xosé Lois González, O Carrabouxo, será o galardoado
02 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Celanova celebrará este domingo o acto de entrega do Premio Celanova Casa dos Poetas. O galardoado é Xosé Lois González, O Carrabouxo. A celebración comezará coa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, cunha ofrenda floral diante do busto que o lembra na entrada do instituto que leva o seu nome. Será ás 11.30 horas, co acompañamento musical da Banda de Gaitas, e un recitado de poemas tanto de Celso Emilio (Oración polos parvos), como de Curros Enríquez (un fragmento de Mirando o chao), a cargo de membros del Grupo de Teatro Solpor. Despois da interpretación do Himno Antergo de Galicia, os asistentes desprazaranse ao claustro barroco, onde terá lugar o acto de entrega.
Felipe Ferreiro, patrón da Fundación Curros Enríquez, será o encargado de conducir o acto. O presidente da mesma, o alcalde Antonio Puga, lerá a acta de concesión do premio. O homenaxeado recibirá unha medalla de prata coa imaxe da fachada da casa e as letras C, creada por Acisclo Manzano. O premio concédeselle a Xosé Lois González pola súa longa traxectoria como humorista gráfico galego.
Está prevista a presenza e a intervención do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e do director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, entre outras autoridades. O quinteto Celanova Brass amenizará musicalmente o acto.