Incorporan a Biblioteca de Cenlle ao rexistro da Xunta

La Voz

CENLLE

Alcalde de Cenlle
Alcalde de Cenlle CEDIDA

O recoñecemento é requisito obrigado para poder acceder á Rede de Bibliotecas de Galicia

24 jun 2021 . Actualizado a las 14:03 h.

A Biblioteca pública de Cenlle e as da Fundación Granell e Exponav (Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construcción Naval e das Actividades Marítimas) foron incorporadas ao Rexistro de Bibliotecas da Xunta. Con estes centros súmanse 23.000 títulos novos ao rexistro. Pertencer ao mesmo é requisito obrigado para poder acceder no futuro á Rede de Bibliotecas de Galicia.

Ao rexistro incorpóranse os tres centros bibliotecarios, como aparece refrexado no Diario Oficial de Galicia, logo das solicitudes cursadas polas tres entidades. Entre os 23.000 volumes que pasan a formar parte do rexistro destacan os que compoñen o arquivo personal do artista Eugenio Granell, que foi recompilando ao longo da súa vida, o legado bibliográfico de Philip West e unha ampla bibliografía sobre a construción naval española. Dende a Xunta incídese en destacar que a inscrición no rexistro non supón a integración na Rede de Bibliotecas de Galicia, pero si é un requisito imprescindible para pertencer á mesma no futuro.