Cortegada estuda ca Xunta a promoción da lingua galega

LA VOZ OURENSE

CORTEGADA

cedida

O conselleiro de Cultura, José López Campos, reuniuse co alcalde Avenlino Luis de Francisco

07 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O conselleiro de Cultura Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse en San Caetano co alcalde de Cortegada, Avelino Luís de Francisco, para avanzar nas canles de colaboración para o fomento do galego, de dinamización e programación cultural e de posta en valor do patrimonio do concello. En concreto, o representante de Cultura incidiu en facer partícipe ás administracións locais na folla de ruta de impulsar un maior uso do noso idioma, ao abeiro do Pacto da Lingua. Tamén trataron a dinamización da cultura no rural, coa Rede Adival.