A Real Banda de Gaitas actúa en Larouco

La Voz

LAROUCO

Real Banda de Gaitas da Diputación de Ourense.
Real Banda de Gaitas da Diputación de Ourense. ALEJANDRO CAMBA

O Concerto de Nadal deste ano será na igrexa dos Remedios

25 dic 2024 . Actualizado a las 06:05 h.

Día 27 • 18.30 horas • Igrexa de Nosa Señora dos Remedios • Larouco • O tradicional Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense celebrarase este ano en Larouco. Será na igrexa dos Remedios e no mesmo haberá unha homenaxe a unha das voces máis importantes de Galicia: a cantora Blandina González.

 Na presentación do que será o Concerto de Nadal 2024 da Real Banda de Gaitas a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, agradeceu que se tivese escollido o seu municipio. Recoñeceu que escoitar á formación «impresiona sempre» e que será aínda máis emocionante no espazo escollido. Pola súa banda o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, agradeceu á Deputación e á Real o seu esforzo na recuperación das fermosas pezas de Nadal «que son parte da nosa historia». O director da formación, Xosé Lois Foxo, salientou o compromiso da banda na recuperación da que foi unha das voces máis importantes de Galicia.