![](https://img.lavdg.com/sc/1RtNhMk_2cy5LkmHKLWaFpTYy30=/480x/2020/11/26/00121606405747068161210/Foto/33.jpg)
No municipio filmáronse «Galicia» e «O carro e o home» en 1935 e 1940
27 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Día 28 • 11.30 horas • Centro Portas do Xurés. Lobeira • A Fundación Carlos Velo organiza unha xornada ao redor de Nós e o audiovisual coa figura de Xaquín Lorenzo como centro de referencia. En Lobeira desenvolvéronse dúas das rodaxes que figuran na historia do cinema de Galicia como citas destacadas: «Galicia» (1936), de Carlos Velo, e «O carro e o home» (1945), de Antonio Román.
Nos dous casos Xocas xogou un papel fundamental, pois foi quen acolleu a Velo e a Román na súa casa de Facós -en 1935 e 1940 respectivamente- para que filmasen na contorna.
Sobre estas dúas pezas audiovisuais falarán dous investigadores e especialistas nestes traballos históricos: Pepe Coira disertará sobre «O carro e o home» e Fernando Redondo sobre «Galicia».