Un día para agradecer o traballo das mulleres que apostan polo rural en Ourense

La Voz OURENSE

MONTERREI

Participantes na celebración do Día da Muller Rural en Monterrei
Participantes na celebración do Día da Muller Rural en Monterrei cedida

A Federación Provincial de Mulleres Rurais, Femuro, reuniu as súas socias en Monterrei

21 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A chuvia non pudo coa celebración do Día da Muller Rural. Parte da área recreativa de Sendín, no municipio de Monterrei, onde a Federación Provincial de Mulleres Rurais, Femuro, convocou as socias, cubriuse con unha carpa e os actos puideron desenvolverse con normalidade. Á cita asistiron tanto o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, coma o presidente da Deputación, Luis Menor. O responsable da institución provincial, que agradeceu a invitación de Femuro, destacou «a contribución inmensa das mulleres galegas ao desenvolvemento económico da nosa terra».

Luis Menor apostou por unha Galicia «na que o rural siga vivo e a remuda xeracional sexa unha realidade e na que a muller siga sendo protagonista». «Históricamente fostes o gran motor e sustento da nosa terra, dos nosos fogares E seguides sendo imprescindibles», dixo ademáis de amosar o apoio da Deputación con iniciativas para a súa visibilización como O 8M, mes a mes, ou con programas como o EmprendOU en feminino, dedicado a favorecer as iniciativas das mozas menores de 30 anos. «Hai que darvos as grazas a todas as que adicades o voso día a día a construir e mellorar o rural ourensán por manter viva a nosa provincia», concluiu.