Once puntas de frecha son a peza do mes de maio

La Voz OURENSE

MUÍÑOS

Cedida

O Arqueolóxico de Ourense presenta este mércores ás 20.00 horas a peza que destaca

11 may 2023 . Actualizado a las 15:27 h.

Once puntas de frecha do túmulo M5 de Outeiro de Cavaladre, en Muíños, constitúen unha nova entrega da Peza do mes do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Encargouse de presentalas José María Eguileta Franco este mércores. As puntas formaban parte da ofrenda funeraria, ben como enxoval, ben como parte dunha fundacional, son bastante homoxéneas. As súas lonxitudes oscilan entre os 44,9 e os 28,9 milímetros. Nove teñen os bordes rectilíneos e só en dous casos son lixeiramente cóncavos. Foron elaboradas con seixo e ofrecen a base predominantemente triangular. O feito de que o conxunto aparecese nunha fosa na masa tumular sobre a que se construíu a coiraza, levou ao equipo que o analizou a interpretalo como unha ofrenda fundacional da sepultura.