A Xunta e o Concello de Muíños acordan mellorar espazos públicos en Pazos e Quintá

La Voz OURENSE

MUÍÑOS

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co grupo municipal do Concello de Muíños
A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co grupo municipal do Concello de Muíños Cedida

O proxecto conta cun orzamento de 600.000 euros

11 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta e o Concello de Muíños traballan na tramitación do proxecto de mellora de espazos públicos nos lugares de Pazos, Quintá e Muíños.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde deste municipio ourensán, Plácido Álvarez, mantiveron unha reunión na que acordaron colaborar para poder executar os traballos canto antes.

Esta iniciativa está dentro do plan Hurbe, impulsado pola Xunta no 2010, a través do cal as administracións locais contan con apoios para financiar obras que inciden de forma positiva na calidade de vida da cidadanía. O Goberno autonómico faise cargo do 70 % do investimento e o concello asume o 30 % restante. O proxecto de mellora en Muíños conta cun orzamento de 600.000 euros.

Na reunión, a conselleira e o alcalde ourensán, analizaron outras cuestións como a situación do proxecto para concluír o sendeiro ao punto limpo da localidade.