O Barco freta un autobús para ir á manifestación pola lingua

La Voz O BARCO

O BARCO DE VALDEORRAS

O autobús sairá da praza do Concello.
O autobús sairá da praza do Concello. LOLITA VÁZQUEZ

Hai 55 plazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición

18 feb 2025 . Actualizado a las 19:13 h.

O Concello do Barco de Valdeorras freta un autobús para achegarse a Santiago de Compostela a participar na manifestación en defensa da lingua. A protesta está convocada por Queremos Galego ante a situación de emerxencia lingüística na que se atopa a lingua propia. Sairá ás doce da Alameda para rematar na praza do Obradoiro.

Para facilitar o traslado até Compostela, haberá un bus gratuíto. Sairá da praza do Concello do Barco ás nove de mañá para regresar ás cinco da tarde. Hai 55 prazas dispoñibles que se cubrirán por orde de inscrición. Os interesados en acudir poden apuntarse chamando ao 988 32 02 02 (extensión 3001) ou mandando un correo a cultura@concellodobarco.org.