
Os interesados en ir ás clases teñen ata o 20 de xuño para apuntarse
18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello do Barco de Valdeorras quere poñer en marcha unha escola de baile tradicional. Para saber do interese na iniciativa, acaba de abrir o prazo de inscrición a persoas interesadas, que teñen ata o 20 de xuño para apuntarse. As clases serán impartidas no Conservatorio por unha docente especializada na disciplina. Ofértanse catro grupos por idades: rapaces de 6 e 7 anos, de entre 8 e 11, de 12 a 17 e para maiores de idade. Os clases serán os martes e os xoves, de 45 minutos de duración as dos pequenos e dunha hora a dos adultos.
As prazas son limitadas e será preciso un mínimo de seis inscritos por grupo para poñelo en marcha.