Preto dun cento de persoas participaron no Roteiro Emilia Pardo Bazán no Carballiño

Ourense LA VOZ

O CARBALLIÑO

Roteiro Emilia Pardo Bazán no Carballiño
Roteiro Emilia Pardo Bazán no Carballiño CEDIDA

Os asistentes recibiron a reedición que realizou o Concello de El Cisne de Vilamorta

05 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Carballiño volveu a render homenaxe a Emilia Pardo Bazán. Preto dun cento de persoas participaron no roteiro que leva o nome da escritora e que promoven o colectivo de mestres, en colaboración co Centro de Estudos Chamoso Lamas e o Concello do Carballiño

Os asistentes foron recibidos na consistorial polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, nun acto no que tamén se recoñeceu a aportación da mestra Mercedes Taboada á cultura da vila. Foi ela quen antes de falecer a causa dunha grave enfermidade promoveu o roteiro e o seu marido, o mestre Carlos Fernández, recibiu un agasallo de mans do rexedor.

Na organización deste roteiro en homenaxe a Emilia Pardo Bazán, o colectivo de mestres contou coa colaboración de membros do Centro de Estudos Chamoso Lamas como Carlos Rodríguez, Carlos Rodríguez, Carlos Montes, Xosé Luís Sobrado, Ana Gordín ou Juan Rodríguez.

Esta iniciativa cultural estendeuse durante todo día e centrouse nos espazos que formaron parte da vida de Emilia Pardo Bazán e na súa obra El Cisne de Vilamorta. Precisamente, coa obra reeditada polo Concello do Carballiño foron agasallados os asistentes ao Roteiro. Pola mañá realizouse unha visita ao casco urbano e, xa pola tarde, percorréronse Banga e Cabanelas.