A asociación ecopacifista Verdegaia ten contribuído dende o seu nacemento a proxectos de sustentabilidade ecolóxica. A súa última proposta é a campaña Consomes ou Devoras?, de carácter permanente e orientada ao fomento dun consumo responsable. Artéllase como lugar de encontro, reflexión e mobilización cun público obxectivo definido: a cidadanía.
-¿Que tipo de actividades teñen proxectadas?
-A campaña baséase en tres piares. Primeiro, na Guía de consumo responsable , que se venderá en tendas de comercio xusto e tendas ecolóxicas. Segundo, no sitio web consomesoudevoras.info , que acolle novas, un foro para propostas e un mercadiño de troco. E por último, nos mercadiños de troco de cidades como Vigo, Ourense ou Ferrol.
-¿En que medida pode axudar o consumo responsable á ecoloxía?
-O consumo responsable é parte importante na saída da crise ecolóxica global. O capitalismo sostense no consumo exacerbado, e por iso a nosas propostas pasan por reducir o consumo de enerxía e residuos e fomentar os produtos locais, de segunda man e os trocos.
-¿Que alternativas propoñedes dende Verdegaia ao modelo de consumo actual?
-Alternativas hai moitas, pero o primeiro paso é reflexionar no ritmo de consumo que levamos. Temos que pensar que é calidade de vida e que precisamos realmente.