Paderne acollerá unha andaina solidaria a favor da Cruz Vermella de Maceda

La Voz

PADERNE DE ALLARIZ

Alberte Paz Garza

A proba desenvolverase o vindeiro domingo, a partir das nove da mañá

08 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O municipio de Paderne de Allariz acollerá o domingo, día 12, a décimo segunda andaina solidaria a favor da Cruz Vermella da comarca de Maceda. Comenzará á primeira hora, ás nove da mañá, e haberá dúas rutas optativas: de 21 e 11 quilómetros. O prazo de inscripción remata o día 8 e os interesados en participar poden inscribirse na páxina web www.galitiming.com. O prezo da inscripción é de 15 euros. No acto de presentación, que se desenvolveu na Deputación de Ourense, participaron o asesor de Deportes da institución, Bernardino González; o alcalde e o tenente de alcalde de Paderne de Allariz, José Manuel Fernández e José Abad Gil; a presidenta e o colaborador da Asociación de Mulleres Rurais de Solveira, Mª Carmen Pérez e Maximino Evia; e o membro do comité comarcal Cruz Vermella Maceda, Amancio Isidro Lameiras.