Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Nos documentos da Idade Media, o nome da localidade era Riba, en singular

La Voz

PARADA DE SIL

27 ene 2015 . Actualizado a las 21:14 h.

A forma antiga do nome de Ribas de Sil -segundo explica Gonzalo Navaza- era algo diferente da actual. O filólogo sinala que en toda a documentación medieval este e outros topónimos análogos aparecen en singular, isto é, Riba de Sil en vez de Ribas de Sil. Acontece o mesmo cos lugares denominados hoxe Ribas de Miño e con outros similares. Navaza indica ademais que o nome do municipio coruñés de Val do Dubra parece contradicir a lei que impide o uso do artigo nestes topónimos. «Pero o nome é moi recente, porque ese lugar chamábase antes Buxán e en tempos modernos mudárono dunha forma incorrecta», afirma o filólogo. En certos documentos xa vellos -apunta por outro lado-, o nome de Parada de Sil pode aparecer con artigo, xa que no franquismo utilizouse nalgunhas ocasións a forma errónea a castelanizada de Parada del Sil. Algo similar ocorreu no concello asturiano de Cangas del Narcea, aínda que neste caso a forma incorrecta acabou por consagrarse. En canto ao municipio portugués de Valença do Minho, Navaza explica que o topónimo non alude ao río, senón á rexión histórica á que pertence a cidade.