Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Parada de Sil adianta o Día das Letras Galegas e homenaxea a unha neumóloga natural de Sacardebois 

La Voz OURENSE

PARADA DE SIL

La entrega del premio será en la casa consistorial de Parada  de Sil
La entrega del premio será en la casa consistorial de Parada de Sil Santi M. Amil

A cita será este sábado na Casa Consistorial a partir das 11.30 horas

10 may 2024 . Actualizado a las 18:56 h.

Hoxe • Dende as 11.30 horas • Parada de Sil • Gratuíto • O Concello de Parada de Sil celebra o Día das Letras Galegas este sábado cunha xornada que estará protagonizada por unha homenaxe á neumóloga natural do municipio, Lucía Ferreiro. A xornada arrincará na Casa Consistorial ás 11.30 horas. Actuará a coral Aqua Música, Ferreiro dará unhas palabras e tamén se recitarán poemas de Luísa Villalta. Ás 13.15 horas entregaranse os premios do concurso de microrrelatos de Parada e unha hora despois, os asistentes achegaranse ata a casa da neumóloga, en Sacardebois, onde haberá colocada unha placa na súa honra na fachada.

A cita polo Día das Letras Galegas rematará cun xantar a base de petiscos e viño.