Entrevista | Ignacio Vilar
14 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Ignacio Vilar é un director de cine nado en Petín. Onte foi o encargado de ler o pregón da VII Feira do Viño de Valdeorras en A Rúa. -¿Cómo recibiches a invitación do Consello para dar o pregón? -Para min é un privilexio porque teño moita relación co viño dende a miña infancia, o meu avó vivía do viño e nas viñas de Valdeorras vivín moita ledicia. Preparar o pregón foi moi intersante porque lembrei cousas que xa tiña esquecidas. -¿Cómo se reflicte na túa obra a túa relación co viño? -Na película Un bosque de músicas baixamos a unha das grandes covas que hai neste magnífico val, que para mín é a esencia de Galicia, non só da comarca de Valdeorras. -¿Mencía ou godello? -Godello, porque o godello é un viño que compite internacionalmente.