Conceden o premio Academia Galega de Teatro a Rosa Álvarez Cabo

LA VOZ OURENSE

RIBADAVIA

La actriz Rosa Álvarez fue galardonada por su trayectoria
La actriz Rosa Álvarez fue galardonada por su trayectoria ALVARO BALLESTEROS

Recoñecen así a traxectoria da actriz do Ribeiro e unha das precursoras da actual Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

31 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Directiva da Academia Galega de Teatro acordou, na súa xuntanza celebrada o 19 de maio de 2023 no Pazo de Mariñán, conceder o Premio Academia Galega de Teatro 2023 a Rosa Álvarez Cabo, pola súa dilatada carreira, sempre na procura da excelencia artística, e o seu compromiso coa loita pola dignificación da profesión teatral, nomeadamente pola visibilización e posta en valor do rol da muller no teatro galego.

A viuva de Ernesto Chao recolleráeste premio o venres, 21 de xullo, ás 13.00 horas, no salón de actos do Concello de Ribadavia, dentro da celebración da XXXIX Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Cabe lembrar que Álvarez Cabo formou parte do grupo Abrente, cun protagonismo activo no que foi a Semana de Teatro de Ribadavia, precedente do actual certamen que chegou a unha repercusión notable co paso do tempo.