Praza da Ferrería Onte entregáronse no Grove os premios de novela curta Manuel Lueiro Rey, nun acto no que se leu «O sol na crista do galo», a obra máis coñecida do homenaxeado
15 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Censura Unha vez sentadas as autoridades na mesa presidencial, o primeiro en tomar a palabra foi Xesús Alonso Montero, presidente do xurado, que lembrou algunha das anécdotas máis emotivas Manuel Lueiro. Alonso recalcou en varias ocasións que o escritor grovense foi un dos sufridores da censura que impuxo Manuel Fraga Iribarne cando foi ministro de Información e Turismo. Mulleres libres Se a alguén defendeu Teresa Moure nas sentidas verbas que ofreceu no Grove foi ás mulleres independentes e libres. Moure falou de Clara, a protagonista do seu libro, que é tan forte como unha árbore e abarca tantas pólas coma calquera carballo ou castiñeiro. A autora fixo unha envexable tarxeta de presentación do seu texto que rematou cun sonoro aplauso. ?ntre as anécdotas do acto, resaltar que un dos rapaces que participou na lectura dos textos dop homenaxeado Manuel Lueiro en voz alta foi o fillo da gañadora desta edición, Teresa Moure. Por outra banda, ao rematar os discursos, a edila de Cultura, Paula Janza, entregou un fermoso ramo de flores á viúva de Manuel Lueiro que ocupou un lugar destacado neste entrañable acto.