A balaustrada tamén irrumpiu na feira

Serxio Barral Álvarez
Serxio Barral PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Crónica | A polémica da cidade

04 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Ferpalia dedica a súa edición deste ano aos centros histórico-artísticos das vilas galegas, e nese ambiente volveuse a falar do que parece que é tema máis de actualidade na cidade: a balaustrada do Museo. Comezou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, respondendo á pregunta dun xornalista. Dixo o que o Goberno municipal leva dicindo dende hai semanas: que os técnicos decidirán o que se fará, que a balaustrada non se retirará senón, en todo caso, recolocarase, que o BNG traballa en facer cidade... E díxoo en presenza da voceira do PP, Teresa Pedrosa, que ten convocado para mañá unha concentración cidadá en defensa da balaustrada. Acabada a quenda de Lores, Pedrosa pediu aos xornalistas que non pechasen os micrófonos. Igual o alcalde, para volver sobre o mesmo: que o BNG actúa con prepotencia, que queren suprimir recunchos pintorescos da cidade, que o proxecto contempla a retirada do elemento arquitectónico, que non foi consensuado... E xa postos, para corroborar as súas críticas, aludiu á montaxe co que o Concello de Pontevedra promociónase na feira: representa unha praza do centro histórico, cruzada por un arco de pedra e rodeada de imaxes de zonas como A Leña, A Ferrería, Santa María... E no medio, de aí a crítica de Teresa Pedrosa, mesas e cadeiras a modo de terraza dun bar. «Es en lo que el BNG ha convertido el casco viejo», afirmou Teresa Pedrosa.