Festa do bo gusto

Chelo Lago

PONTEVEDRA

Ferpalia dedicada a súa 15 edición á exaltar a gastronomía con degustación de diversos produtos

26 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

O Salón do Turismo de Galicia, Ferpalia, que se celebra do 29 de setembro ao 2 de outubro no Recinto Feiral, dedica esta edición á gastronomía, un aspecto que non se pode olvidar á hora de atraer a turistas. Con tal motivo, haberá una Festa ao bo gusto, coa degustación gratuíta, os dous primeiros días da feira, de diversos produtos. Ricardo Mirón, presidente da Cámara de Comercio, entidade organizadora do certame, destacou que haberá 30 postos para promocionar os produtos clásicos da gastronomía galega, como o marisco, o pan, o polbo e a tenreira galega, entre outros, ademais de produtos ecolóxicos e tamén os emerxentes, como as algas e as ortigas. Todos eles serán ofrecidos gratuitamente aos asistentes o sábado e máis o domingo.

As xornadas técnicas de Ferpalia tamén xirarán ao redor dos empresarios dos restaurantes galegos e dos profesionales da hostelería.

Na presentación deste salón, que cada ano trata de potenciar unha determinada cualidad do turismo, subliñouse o crecemento da bolsa de contratación, outros dos pilares desta cita, que segue a crecer e este ano superarase a cifra do centenar de tour operadores. Precisamente a eles vai dirixida a xornada do 3 de outrubre, coa feira xa pechada, que poderán disfrutar dunha excursión en barco polas Rías Baixas, de cara a mostrarlles os recursos turísticos da zona.

Ricardo Mirón subliñou que na bolsa de contratación se contabilizaron, o pasado ano, 3.700 entrevistas profesionais, e moveuse un negocio superior aos 42 millóns de euros.

Además, empresarios do sector e periodistas especializados de países tanto europeos como de América estarán en Ferpalia. Cabe resaltar a presenza de sete periodistas brasileiros. O presidente da Cámara tamén indicou que este salón, plenamente consolidado, permitíu vender o turismo galego a nivel internacional. E resaltou a presenza anual en Fitur, a Feria Internacional del Turismo que se celebra en Madrid, para contactar con novos profesionais interesados en facer negocio en Pontevedra.

Dous euros

Dentro desta edición de Ferpalia tamén se manteñen os concursos de vídeo turístico e o Memorial Rafa Vázquez de fotografía, dotados con 600 euros para os gañadores.

Este ano e por primeira vez na historia do salón haberá que pagar a entrada. Ricardo Mirón indicou que non se trata dunha medida recaudatoria en nengún caso, pois o prezo é máis ben simbólico, 2 euros. O motivo é evitar «la avalancha» de xente que adoita acudir ás degustacións gastronómicas gratuítas.

Ademais, Ricardo Mirón anuncióu a súa intención, como presidente da Cámara, de facer xestións sobre dous compromisos pendentes, un coa Deputación, en outro ante o Concello.

No primeiro caso, interesarase sobre o proxecto de transporte público entre o aeroporto de Peinador, Pontevedra e a comarca do Salnés, unha vella demanda que potenciaría o turismo, e no segundo, para que se tomen as medidas necesarias para conseguir que os turistas pernocten e coman en Pontevedra e que non veñan pasar só unhas horas.

Tanto o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, como o concelleiro, Antonio García Lores, que asistiron a presentación de Ferpalia, mostráronse conformes e esperanzados en poder conseguir unha maior presenza e estancia de turistas na cidade.