«Buscamos a propiedade das casas para os illáns»

La Voz

PONTEVEDRA

11 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

1 Continuar coa recuperación ambiental do noso entorno, apostar polo turismo de calidade, valorizar elementos como a carpintería de ribeira da Banda do Río, a sala arqueolóxica de Pescadoira, a nave de deportes náuticos e o Museo Massó. Tamén están ampliar o polígono de Castiñeiras, acabar o saneamento integral do rural, aprobar o PXOM, un centro de día e a piscina municipal.

2 O PXOM ten que resolver positivamente a ampliación dos núcleos rurais, onde se concentra a maior vivenda do concello, e que permitiría que familias, empresas contratistas e proveedores saian favorecidos dese novo mapa urbanístico. O noso compromiso é que Bueu dispoña dun PXOM consensuado.

3 Son perfectamente compatibles. Hoxe a lexislación que existe, especialmente a nivel da Xunta, non permite un desenvolvemento urbanístico que non teña en conta a sustentabilidade ambiental. Por outro lado, o desenvolvemento urbanístico é o que permite que os Concellos avancemos na consecución de novas infraestructuras. Por exemplo, se Bueu ten unha parcela para a piscina é porque conseguimos urbanizar o sector 1 do plan parcial das Lagoas.

4 Só contemplamos unha solución, a mesma que xa no ano 2001 defendía o BNG no Parlamento: o recoñecemento do dereito de propiedade das casas aos seus lexítimos titulares. Ese é o noso compromiso, os veciños o coñecen, e non imos parar ata conseguir que así sexa.

5 Tras varios anos nos que a recollida do lixo se facía en condicións moi deficientes, hoxe o servizo funciona mellor. A Mancomunidade ten un gravísimo problema financiero que algún día terá que afrontar decididamente. A evolución no futuro desta situación é a que determinará se vale a pena continuar aquí ou buscar outra alternativa.

bng félix juncal novas