Recital do grupo poético Rompente este xoves no teatro Principal

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

PONTEVEDRA

15 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo poético Rompente, integrado por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel Romón, ofrecerá este xoves, día 18, un recital no teatro Principal da Estrada. Será ás 20.30 horas, con entrada de balde. A retirada de invitacións poderase facer a partir de hoxe luns no departamento de Cultura do Concello da Estrada. O espectáculo baséase en textos dos tres artistas, na súa maior parte novos e inéditos.