
09 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Segunda sesión dos Domingos do Principal coa obra As pitas baixo a choiva a cargo da compañía Teatro dos Ghazafelhos. A peza é unha adaptación do conto homónimo de Ricardo Carvalho Calero que se poderá gozar en dous pases, 12 e 18.30 horas, no Teatro Principal.

Teatro de actor recomendado a partir de 5 anos no que se narra a historia de Ludivina e Tereija, «dúas pitas que viven no curral da Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que ven ás veces xogar con elas. Pero temen que ese día chova, pois cando isto pasa Ricardiño tolea e perségueas ate pechalas no curral. Coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno, deixe de tolear coa choiva...».
